subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Competencias dixitais


orosoO Concello de Oroso convoca varios cursos gratuítos de ofimática con LibreOffice, preparatorio para a obtención do CODIX, certificación galega de competencias dixitais en ofimática que acredita que o seu posuidor ten os coñecementos, capacidades e aptitudes precisas en materia de ofimática.

QUENDA DE MAÑÁ:
Horario: de 10:30 a 12:00 horas
WRITER: 7 de marzo de 2023 - 16 de marzo de 2023
CALC: 20 de marzo de 2023 - 29 de marzo de 2023
BASE: 10 de abril de 2023 - 19 de abril de 2023
IMPRESS: 24 de abril de 2023 - 26 de abril de 2023

Colectivo destinatario: cidadanía en xeral que cumpra os seguintes requisitos: Utilizar con axilidade un ordenador (manexo do teclado e do rato, apertura e peche de programas, uso de cartafoles etc.)

Obxectivos
· Ofrecer unha visión ampla da informática no seu uso cotián, facendo fincapé nas ferramentas tecnolóxicas de uso máis frecuente referentes ás aplicación de oficina.
· Aprender ofimática (procesadores de texto, follas de cálculo, base de datos, etc.) de forma correcta usando ferramentas libres, co fin de que os alumnos coñezan un maior abano de programas coas que xestionar os seus documentos e sexan capaces de obter o maior proveito das diferentes alternativas existentes.
· Acadar os coñecementos e recursos necesarios para a preparación da proba libre para a obtención da certificación galega en competencias dixitais, COMDIX, no que se refire a competencia “creación de contido dixital”.

COMDIX ¿Qué é?
A certificación galega en competencias dixitais acredita o nivel de competencia das persoas na utilización das tecnoloxías no eido persoal, social e profesional de forma efectiva, segura, crítica, creativa e cívica.

O día 01 de xaneiro de 2022 entrou en vigor o DECRETO 123/2021, do 2 de setembro, polo que se regula o Marco galego de competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais (DOG nº 181 do 20 de setembro de 2021).

Metodoloxía
Formación práctica en combinación con explicacións e orientacións sobre as actividades a realizar.

Enmarcado dentro da competencia “creación de contido dixital”. Adecuación dos contidos e prácticas á preparación da proba libre, facer, refacer ou compoñer contidos dixitais en ofimática, para a obtención do COMDIX.

Solicita a túa praza:
Writer: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/41390
Impress: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/41391
Calc: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/41392
Base: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/41395