subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Mellor acompañad@s


orosoA Aula de Formación EducaOroso a través da Fundación Amigos de Galicia pon en marcha o obradoiro de formación "Mellor acompañad@s" que ten como obxectivo proporcionar formación dixital que apoie o envellecemento activo e a socialización mellorando a autonomía e independencia das persoas maiores de maneira que poidan desenvolver o seu día a día arredor das TIC.

Dirixido ás persoas maiores coa idea de fomentar o envellecemento activo, así como a súa sociabilización e dixitalización.

A través de este programa búscase unha aprendizaxe nas comunicacións a través das novas tecnoloxías, o funcionamento de un caixeiro automático, uso do teléfono móbil (facer chamadas de video, utilizar o GPS, descargar aplicacións, enviar correos electrónicos...) utilizar as máquinas de quendas e operar na aplicación do Sergas (solicitude de cita dende o móbil, acceder á tarxeta sanitaria virtual, acceder ao certificado COVID…).

Información e matrícula:

Aula CeMIT
Rúa do Deporte, nº 7 – Sigüeiro
15888 – Oroso
Correo: educaoroso@oroso.gal
Telf.: 981973927

Solicitude de matrícula: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/41717