subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso intercambia experiencias en materia de violencia doméstica con catro municipios portugueses.


Os rapaces e rapazas do IES Oroso deron lectura a un manifesto contra a violencia de xénero

orosoO Concello de Oroso participou este luns 25 de novembro a través de videoconferencia no seminario “Violencia doméstica: medios e prevención”, celebrado hoxe no auditorio de Adiber, no municipio portugués de Góis. Representantes dos servizos sociais orosáns participaron nun intercambio de experiencias cos seus homólogos portugueses sobre “Violencia doméstica: a rede de Beira Serra vs Oroso”.

A delegación orosá estivo encabezada por Antonio Leira Piñeiro, concelleiro de Benestar e Ensino; e integrada por Rosa Fuentes Gutiérrez, traballadora social de Oroso; e persoal do CIM de Ordes Mancomunidade de Ordes: Nazaret González Martínez, directora; Dolores García Graña, psicóloga; Mª José Liste González, asesora xurídica; e Mª José Pena Caneda, axente de igualdade. Pola parte portuguesa participaron Francisco Rolo, director de Adiber (Associaçao de Desenvolvimento Integrado da Beira Serra, que integra 4 municipios: Arganil, Góis, Oliveira do Hospital e Tábua); Avelino Pedroso, director executivo de ACES PIN (Centros de Saúde do Pinhal Interior Norte) e representantes da Guarda Nacional Republicana.

Educación

Por outra banda, os rapaces e rapazas de 1º a 4º da ESO do IES Oroso participaron nun acto de repulsa á violencia de xénero incluido dentro do Programa Igualar, posto en marcha polo Centro de Información á Muller da Mancomunidade de Ordes, subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade e cofinanciado polo Fondo Social Europeo. “Trátase en certo modo dunha ampliación á comarca de Ordes dunha iniciativa que tivo moito éxito en Oroso como foi o programa Abre os Ollos”, indica Antonio Leira. Este programa inclúe un ciclo de xornadas

Así, esta mañá tivo lugar a lectura dun manifesto pola igualdade e contra a violencia de xénero. O traballo realizado nas aulas e do propio acto de hoxe quedará recollido nunha exposición itinerante que visitará os sete concellos da comarca e que se poderá consultar tamén no blog: http://programaigualar.blogspot.com.es/