subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Inauguración da XIII Edición do Certame Góis-Oroso Arte.


orosoO alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o concelleiro de Cultura, Luis Rey, participaron na localidade portuguesa de Góis na inauguración da XIII edición de Góis-Oroso Arte.
O Góis-Oroso Arte celébrase en xullo en Góis e na primeira semana de setembro en Oroso. O evento está rodeado de actividades de todo tipo como grupos musicais de música tradicional. Este ano, o Concello de Oroso enviou a Gois ao grupo Faiscas da Pontraga.

Participan na exposición 68 artistas de 25 paises. O Concello de Oroso enviou como artista invitado a Tino Cuesta, que ademais de ser médico é artista. “Oroso e o noso concello irmán de Góis abrimos un ano máis a fiestra da expresión artística para que os creadores ensinen aos nosos veciños a súa visión da realidade a través da pintura, a fotografía e a escultura”, sostén Mirás.

Tanto Manuel Mirás coma a presidenta da Cámara Municipal de Góis, Lurdes Oliveira Castiñeira, destacaron a calidade das obra e o feito de que o certame non foi posto en marcha para que fose algo efímero; de feito, están a facer o posible para que dure para sempre.

“Para o Concello de Oroso, a cultura accesible para todas as idades foi primeiro un desexo, despois unha prioridade na nosa acción de goberno e a día de hoxe tamén unha responsabilidade. Grazas o interese mostrado por todos os veciños e veciñas, a programación cultural medra cada ano e obríganos a ser máis esixentes”, engade o alcalde.