subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O tren Safari chega a Oroso este Nadal!


orosoUnha das novidades da programación de Nadal no Concello de Oroso é o TREN SAFARI, que estará instalado na praza Isaac Díaz Pardo desde o 21 de decembro ao 5 de xaneiro!

Gratuíto e en horario de mañá (11:00 a 13:00 horas) e tarde (16:30 a 19:30 horas).

Os días 25 de decembro e 2 de xaneiro funcionará únicamente en horario de tarde. O día da Cabalgata de Reis, o 5 de xaneiro, estará en funcionamento ata o comezo da Cabalgata (18:00 horas)

"Queremos que estas festas sexan especiais e o Tren Safari é unha das novidades para os máis pequenos", afirma Vanesa Boo, concelleira de Cultura de Oroso.