subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Vinte veciños e veciñas de Oroso recollen os seus carnés de manipulador de alimentos.


orosoOs concelleiros de Economía, Xaime Carneiro, e de Sanidade, María del Carmen Liste, fixeron entrega dos seus respectivos carnés de manipulador de alimentos aos vinte veciños e veciñas de Oroso que superaron o curso homologado pola Dirección Xeral de Saúde Pública e celebrado no centro cultural de Sigüeiro. Antes da entrega dos diplomas acreditativos, Xaime Carneiro felicitou aos alumnos e desexoulles “que esta formación vos serva para poder conseguir un traballo ben nunha empresa do sector alimentario ou na hostalería”.

O curso, de tres horas de duración, dotou a estes veciños das destrezas e os coñecementos precisos para unha correcta manipulación de alimentos. Así mesmo, coñeceron as técnicas máis axeitadas de hixiene e de salubridade alimentaria, dende como almacenar correctamente os alimentos a como evitar calquera tipo de contaminación.