subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso será protagonista na Feira da Primavera no Camiño Inglés, que se celebra este sábado en Ferrol


orosoO Concello de Oroso terá un papel protagonista nunha nova edición da Feira da Primavera no Camiño Inglés, que se celebra este sábado, 19 de xuño, na Praza de Armas de Ferrol.

O alcalde de Oroso, Luis Rey, e o concelleiro de Turismo, Antonio Leira, representarán ao concello nesta cita, organizada pola Asociación de Concello do Camiño Inglés, presidida por Manuel Mirás, co apoio da Deputación da Coruña.

O Concello de Oroso contará cun stand propio onde amosará o seu patrimonio natural, paisaxístico e artesanal, coa presenza de Eva Carreira, de Zoclos, e Tamara, emprendedora tamén no sector do calzado.

Se fará tamén un especial fincapé no produto local, promocionando os postres caseiros de Casa Xacobe. No showcooking da feira, haberá troitas de Oroso, e pola tarde actuarán as cantareiras de Lembranzas do Tambre

“Estamos moi satisfeitos, en primeiro lugar polo feito de que podamos celebrar a feia de novo, e en segundo lugar polo protagonismo que terá Oroso”, explica Antonio Leira.

“Somos un dos concellos que pelexamos desde o primeiro momento polo recoñecemento desta ruta e o Camiño é a día de hoxe moi importante para o noso sector servizos”, engade Luis Rey.