subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Tarde deportiva en Oroso


orosoA tarde deste venres foi unha tarde de bonitos eventos deportivos no Concello de Oroso.
O alcalde, Alex Doval, o concelleiro de Deportes, Carlos Fernández, e a concelleira de Cultura, María Requejo, estiveron acompañando os clubes Patín Oroso e Xadrez Oroso nos seus respectivos eventos.

O Club Xadrez Oroso, levou na tarde do venres o seu deporte a rúa para dalo a coñecer. A Praza Isaac Díaz Pardo convertiuse no escenario de múltiples partidas onde grandes e pequenos gozaron deste deporte.

oroso Pola súa banda, o Club Patín Oroso, pechou o seu curso cun festival de exhibicións no pavillón de deportes Juanito Amigo de Sigüeiro, ademáis durante a gala recaudaron fondos para colaborar coa asociación benéfica AGA-Ucraína que axuda a cubrir as necesidades básicas das persoas deste país en guerra

Destacar a boa iniciativa do Club Xadrez Oroso levando este deporte a rúa para dalo a coñecer e tamén a do Club Patín Oroso que recaudou fondos durante a súa gala para colaborar coa asociación benéfica AGA-Ucraína que axuda a cubrir as necesidades básicas das persoas dese pais en guerra.