O Concello de Oroso recibiu a representantes de varias universidades inglesas e medios de comunicación interesados no Camiño Inglés

Un grupo de representantes de varias universidades inglesas, así como de medios de comunicación italianos e españois, estiveron onte no Concello de Oroso.

Este grupo de Fam Trip, en Galicia polo IV Fairway Fórum do Camiño de Santiago, quixeron desprazarse a Oroso para coñecer un dos concellos impulsores da ruta inglesa.

Foron recibidos polo alcalde, Luis Rey Villaverde, o concelleiro de Turismo, Antonio Leira, e o presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás.

“Mostraron moito interese polo noso papel na revitalización do Camiño Inglés e pola forma na que o noso concello recibe aos peregrinos, preto xa da meta de Compostela”, asegura Antonio Leira.

O Concello de Oroso terá tamén presenza no Fairway, que esta semana reunirá en Santiago aos axentes e colectivos que traballan arredor do Camiño.

deseña ASINFO