Narón vai recuperar o muíño das Aceñas, ante o que pasa o Camiño Inglés

O muíño das aceas, en Narón e ante o que pasa un itinerario alternativo do Camiño Inglés, vai recuperar o seu perdido esplendor grazas a un acordo entre os seus propietarios e o concello, quen xa asinaron un acordo de compra. «Constata a aposta do goberno local pola recuperación do patrimonio», destacou a súa alcaldesa. O concello investirá 220.000 euros. Ademais do muíño en si, o conxunto inclúe unha presa, almacéns, a vivenda e a zona verde. Todo iso data do século XVIII, e é unha obra promovida polo entón vicecónsula de Francia en Ferrol, Santiago Beaujardín, que contou coa axuda do rei Carlos IV: o monarca chegou a expedirlle unha cédula real pola que se outorgaba o nome de Real Fábrica de Fariñas. Os antepasados dos actuais propietarios adquiriron As Aceñas no ano 1920.

 

 

 

 

 

deseña ASINFO