Veciños, hostaleiros e comerciantes de Oroso debaten sobre as potencialidades do Camiño Inglés para a economía do municipio.

“É un diamante en bruto que pode dar moito a todo o pobo xa que é unha oportunidade de negocio para os distintos sectores económicos de Oroso”. Así describiu o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, as potencialidades do Camiño Inglés durante un acto divulgativo desta Ruta Xacobea organizado pola Deputación da Coruña e o Concello de Oroso no centro cultural de Sigüeiro. Unha xornada que correu a cargo de Cristóbal Ramírez, xornalista e divulgador do Camiño Inglés, quen foi presentado por Antonio Leira, concelleiro de ...


Oroso acolle unha charla de Cristóbal Ramírez sobre o Camiño Inglés e unha degustación de torta de garavanzos de María Varela.

O Concello de Oroso, en colaboración coa Deputación da Coruña, organiza este venres 28 de abril unha dobre iniciativa promocional do Camiño Inglés, aberta a toda a veciñanza e especialmente dirixida aos albergues e ao sector hostaleiro e comercial do municipio. A partir das 20:00 horas, o centro cultural de Sigüeiro acollerá unha charla divulgativa sobre esta ruta Xacobeo a cargo do presidente da Asociación de Xornalistas do Camiño Inglés, Cristóbal Ramírez, e unha degustación dun prato típic...


O Concello de Oroso promove a XXI Festa da Troita cun showcooking de troitas en Betanzos.

O Concello de Oroso participou hoxe sábado en Betanzos nunha feira organizada pola Deputación da Coruña para promover o Camiño Inglés e que reuniu por primeira vez aos dezaoito concellos coruñeses polos que pasa esta ruta que conecta Ferrol e A Coruña con Santiago de Compostela. Un evento que foi inaugurado polo presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, quen estivo acompañado pola directora xeral de Turismo, Nava Castro; polo deputado de Turismo, Xosé Regueira; e polos alcaldes de Betanzos, Ramón Garc&#x...


Oroso fará este sábado un showcooking para promover a Festa da Troita nunha feira en Betanzos cos 18 concellos do Camiño Inglés.

O Concello de Oroso participará este sábado 22 de abril na feira organizada pola Deputación da Coruña en Betanzos e que reunirá, por primeira vez, aos dezaoito concellos coruñeses polos que pasa o Camiño Inglés. Un evento que se enmarca na campaña “Primavera no Camiño Inglés”, que chegará a Oroso o venres 28 de abril e coa que a Deputación da Coruña pretende divulgar os múltiples atractivos etnográficos, culturais e naturais cos que conta esta ruta que conecta Ferrol e A Coruña con Santiago de Co...


Unha delegación do Concello de Tui visita Oroso para intercambiar experiencias sobre a recuperación e promoción dos Camiños Xacobeos.

Unha delegación do Concello de Tui, encabezada polo alcalde, Enrique Cabaleiro González, e a concelleira de Urbanismo e Facenda, Yolanda Rodríguez Rodríguez, visitou esta mañá o Concello de Oroso, onde foron recibidos polo alcalde, Manuel Mirás Franqueira, e os concelleiros de Cultura, Luís Rey Villaverde; Turismo, Vanesa Boo Martínez; e Obras, Eduardo Veiras Rey. Unha visita que ambas partes aproveitaron para intercambiar experiencias sobre a recuperación, sinalización e promoción dos seus respectivos Camiños Xacobeos.


Os Premios Camiño de Santiago distinguen ao Concello de Oroso pola posta en marcha do Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, recolleu de man do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro Orol, un dos galardóns da segunda edición dos Premios Camiño de Santiago 2016, convocados por Turismo de Galicia e entregados nun acto celebrado onte martes na Cidade da Cultura. Manuel Mirás asistiu acompañado dos concelleiros de Turismo, Vanesa Boo, e Cultura, Luís Rey.

Estes premios constitúen un recoñecemento institucional e social ás iniciativas públicas e privadas desti...


O alcalde de Oroso obtén o apoio de asociacións de catorce países para a promoción internacional do Camiño Inglés.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, obtivo o apoio de asociacións de Amigos do Camiño procedentes de catorce países para contribuír á promoción do Camiño Inglés por todo o mundo. Os representantes destas entidades completan estes días o itinerario xacobeo desde A Coruña ata Santiago e efectuaron unha parada en Sigüeiro.

Mirás destacou que “a repercusión que está tendo o Camiño Inglés era algo que hai poucos anos case non se podía nin imaxinar” e puxo de manifesto o labor das enti...


O Concello de Oroso convoca a segunda edición do Certame Internacional de Traballos de Investigación do Camiño Inglés.

O Concello de Oroso convoca a segunda edición do Certame Internacional de Traballos de Investigación do Camiño Inglés, que na súa primeira edición recibiu un total de 26 traballos e que foi gañada polos investigadores Óscar Perea Rodríguez, da Universidade de Lancaster, e Paula Cadaveira López, da Universidade de Santiago de Compostela. O certame estará aberto a calquera persoa que desexe participar, sempre que o seu traballo se refira a calquera faceta do Camiño Inglés tanto en Galicia como noutras partes de España ou do mu...


O Concello de Oroso recibe a visita dun grupo de profesores dun colexio de Durham, lugar de orixe do Camiño Inglés.

Un grupo de profesores e profesoras do Saint John’s School de Bishop-Auckland, do Reino Unido, visitaron hoxe o Concello de Oroso. A visita enmárcase nun programa europeo de intercambio e ten o Camiño Inglés como referencia. No condado de Durham sitúase a orixe deste itinerario xacobeo e en Sigüeiro comeza a derradeira etapa antes de chegar a Santiago.

Os docentes visitaron en primeiro lugar a Casa do Concello, onde foron recibidos polo goberno local. O alcalde, Manuel Mirás, explicoulles que se trata dun municipio cunha situación xeogr&#...


Turismo de Galicia distingue ao Concello de Oroso nos Premios Camiño de Santiago pola posta en marcha do Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés (CEICI).

O Concello de Oroso será distinguido cun dos galardóns dos Premios Camiño de Santiago 2016, convocados por Turismo de Galicia para premiar as iniciativas públicas e privadas destinadas a avanzar na mellora do Camiño de Santiago, aumentar a sensibilidade cidadá en relación cos valores do Camiño e estimular o coñecemento do seu patrimonio xeral. Un premio que o Concello orosá recibe pola posta en marcha do Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés (CEICI) e todas as actividades realizadas nos seus primeiros seis meses de v...

deseña ASINFO