subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso pon en marcha unha campaña de reciclaxe de ordenadores para doalos a nenos con dificultades económicas.


orosoO Concello de Oroso puxo en marcha unha campaña de reciclaxe de ordenadores, co obxectivo de alongarlles a súa vida útil, instalarlles programas educativos e doalos a nenos e nenas con dificultades económicas.

‘Recicla para un neno’ é un proxecto de responsabilidade social. A concelleira de Benestar Social, Ensino e Atención á Infancia de Oroso, Beatriz Rodeiro,é a impulsora desta iniciativa xunto coa empresa Infolitic, que ten a súa sede no municipio de Oroso.

A empresa encárgase de borrar toda a información dos ordenadores de forma segura, como paso previo á instalación de diferentes programas e ferramentas educativas. O proxecto busca que a xente que xa non use un equipo no canto de tiralo, cédao, para que un neno poida aprender e educarse con el.

A persoa que doa un ordenador poderá saber en todo momento a situación na que se atopa o equipo doado e se lle notificará por email se o ordenador se lle regalou a un neno ou si pola contra se procedeu ó seu reciclaxe no punto limpo. “Faremos unha selección dos equipos que realmente teñan posibilidades de reutilización e cos outros nos encargaremos do seu correcto reciclaxe”, aseguran desde Infolitic.

“Preparamos todos estes equipos informáticos e os poñemos a punto cun sistema GNU/Linux, cun paquete de programas educativos, para poder darllo a un neno o nena de entre 6 e 12 anos que o necesite para mellorar a súa vida e a súa adaptación á sociedade”, engaden.

Por outra parte, impartirase un curso para estes nenos onde aprenderán a desenvolverse co seu novo equipo. Ademais da labor social, este proxecto aporta solución ao problema ambiental que está a sufrir o planeta. Máis información no seguinte enlace: https://infolitic.gal/recicla-para-un-neno.