subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Aula de Música.

  • Prazos: Do 23 de agosto ao 8 de setembro.
  • Documentación que se deberá presentar:
    • folla de matrícula debidamente cuberta
    • carta de domiciliación (as mensualidades estarán domiciliadas)
    • impreso de autorización de reportaxes ou gravacións
    • xustificante do pago da matrícula
  • O pago da matrícula poderá facerse de dúas maneiras
    • Realizar o pago total da matrícula que serán 70€.
    • Os pagos realizaranse a través da páxina web: www.concellooroso.com no apartado de tributos on line.
    • Os importes das matrículas non son reembolsables
    • Aquelas familias monoparentales, familias numerosas ou cando participen dous irmáns consultar descontos no centro cultural oficina de cultura.
    • Preferencia aos empadroados/as no Concello de Oroso
    • Prazas limitadas, serán asignadas por orde de rexistro de entrada da documentación no rexistro municipal do Concello.
  • A documentación deberá presentarse no rexistro municipal do Concello de Oroso no prazo sinalado

  • Prazos: Do 16 ao 30 de xuño de 2017.
  • Documentación que se deberá presentar:
    • folla de matrícula debidamente cuberta
    • carta de domiciliación (as mensualidades estarán domiciliadas) no caso de que houbera algún cambio nos titulares da conta ou de cambio no número de conta
    • impreso de autorización de reportaxes ou gravacións
    • xustificante do pago da matrícula
  • O pago da matrícula poderá facerse de dúas maneiras
    • Realizar o pago total da matrícula que serán 70€, do 16 ao 30 de xuño de 2017, deste xeito quedaría o alumno/a matriculado para o vindeiro curso escolar.
    • Realizar o pago do 30% neste prazo do 16 ao 30 de xuño quedando reservada a praza para o vindeiro curso, e facendo o ingreso do 70% do 23 de agosto ao 8 de setembro.
    • Os pagos realizaranse a través da páxina web: www.concellooroso.com no apartado de tributos on line, é imprimindo o resgardo de pagamento para adxuntalo coa folla de matrícula.
    • Os importes das matrículas non son reembolsables
    • Aquelas familias monoparentales, familias numerosas ou cando participen dous irmáns consultar descontos no centro cultural oficina de cultura.
  • A documentación deberá presentarse no rexistro municipal do Concello de Oroso no prazo sinalado

Aula de Música

A Aula de Música do Concello de Oroso ofrece unha ensinanza musical completa e diversa co fin de satisfacer as múltiples necesidades que os seus ususarios poden demandar. Por unha banda, preparando as probas de acceso ós centros de ensinanza musical profesional ou conservatorios, pero tamén ofrecendo un proxecto pedagóxico propio e personalizado para os alumnos que se acheguen á música de xeito mías afeccionado e/ou lúdico, incluso para aqueles que pretendan profesionalizarse na música moderna: pop, rock, jazz, folk, etc, campos estes últimos para os que apenas existe formación regrada.

A atención á diversidade convirtese nunha oportunidade para o desenrolo e a integración social. Na aula de música darase cabida a calquer alumno que presente necesidades especiais de atención, xa sexa por dificultades lingüísticas debidas a inmigración, situacións de desventaxas socio-culturais, superdotación intelectual, déficits psíquicos, físicos ou sensoriales ou simplemente dificultades de atención. No caso de haber alumnos con necesidades especiais, procederase sempre buscando a súa integración e adaptación curricular.

O perfil do usuario é, polo tanto, o máis completo posible, podendo acceder ós servicios da Aula de música usuarios de tódalas idades e gustos musicais que busquen adquirir coñecementos musicais, mellorar a súa técnica no instrumento, completar os coñecementos teóricos, obter a posibilidade de coñecer xente coas mesmas aficcións e formar unha agrupación musical, ou simplemente pasar un bo rato. Dende a aula de música fomentaranse activamente a formación de agrupacións musicais tanto propoñendo algunhas concretas como cooperando coas que poidan surxir pola propia iniciativa dos alumnos.

O corpo docente representa unha selección de persoal que provén de moi distintas correntes musicais, de maneira que se ven representadas as múltiples caras que a música amosa na nosa sociedade.


INFORMACIÓN:
As clases darán comezo o vindeiro 1 de outubro na Aula de Música (antigo centro médico) en Sigüeiro.

É requisito facer o ingreso da matrícula da Aula de Música para poder comezar o curso.

Haberá un máximo de 60 prazas, e adxudicaranse por riguroso orde de rexistro no Concello.

Para aclarar posibles problemas ou dúbidas que adoitan aparecer co comezo do curso, poderá dirixirse ao teléfono 981 69 09 03 de luns a venres de 09:00 a 14:00h. para non interromper os profesores que están impartindo as materias. Tamén poden facelo neste enderezo de correo electrónico: aulademusica@concellooroso.com
E, por suposto, o departamento de cultura do Concello de Oroso está á súa disposición para axudalo en todo o que lle sexa do seu alcance.

PREZOS (para empadroados)

  • Matrícula: 70 €. 98 € non empadroados (sempre preferencia aos empadroados a hora de asignar praza).
  • Mensualidade de linguaxe musical ou música e movemento: 20 € por mes
  • Mensualidade de instrumento: 30 € por mes

As familias numerosas terán o 20% de desconto, para o cal terán que acreditalo co certificado de familia numerosa.
Cando participen dous irmáns tamén se lle aplicará o desconto do 20% ao segundo irmán.
Os descontos non son acumulativos.
Non se aplicarán descontos aos non empadroados nin a maiores de idade.

  • Fotografía tamaño carné
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Autorización de gravación tanto de imaxes como de audio (Impreso prensa)
  • Folla de matrícula
  • Carta de domiciliación (para que o Concello domicilie as mensualidades) (Domiciliación)
  • Taxa prestación de servizos educativos - Actividade: Escola de Música (Taxas)
  • (Unha vez cuberto o impreso da taxa poderá realizar o pago de distintas maneiras)