subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Cursos en aberto Aula Mentor EducaOroso


orosoDesde a Aula de Formación EducaOroso infórmase de que a partir do próximo 24 de outubro estará aberto o prazo de matriculación dos cursos de Mentor en Aberto.

En principio, os cursos que se ofertarán dentro desta modalidade serán:
• IoT (Internet das cousas)
• Ciberseguridade
• Emprendemento dixital
• Introdución ao Salesforce
• Iniciación á Matemáticas
• Iniciación á Física

O período de matriculación será do 24 de outubro ata o 7 de novembro (ata esgotar prazas), e a apertura dos cursos sería o 11 de novembro.

Con respecto ao “curso de modulación da voz” que antes se ofertaba nesta convocatoria de Mentor en Aberto, estase a incluír dentro do catálogo dos cursos titorizados e estase a traballar para incluílo á súa vez dentro dos cursos de Formación do Profesorado.

Lembramos tamén que Aula Mentor EducaOroso dispón de unha oferta educativa a distancia, a través de Internet, promovida polo Ministerio de Educación e Ciencia e pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Aula Mentor EducaOroso ofrece mais de 170 cursos de temática moi variada: informática, administración, saúde, medios audiovisuais, idiomas, etc., e son certificados polo Ministerio de Educación e Ciencia (MEC) e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, tras a superación dun exame presencial que garante o nivel de coñecementos adquiridos. Os cursos poden ser realizados desde a propia aula de formación ou en calquera lugar con acceso a internet.

As persoas interesadas en matricularse deben dirixirse a:
Aula Mentor EducaOroso
Rúa do Deporte, nº 7 – Sigüeiro
15888 – Oroso
A Coruña
Correo: educaoroso@oroso.gal
Telf.: 981973927