Campus de verán coa Fundación Celta de Vigo
Esta mañá presentamos o novo campus de futbol de verán, que organiza a Fundación Celta de Vigo mediante un convenio coa ED Xuventude Oroso e a colaboración do Concello de Oroso.
Participaron Germán Arteta, director da Fundación Celta; Álex Abalde, coordinador do campus da Fundación Celta; José Ferro, presidente da ED Xuventude Oroso; Tonecho Liñares, presidente do Sigueiro FC, e Antonio Leira, concelleiro de Deportes de Oroso.
O Campus realizarase nas instalacións deportivdas do Campo de Fútbol Lino Balado de Sigüeiro entre os días 3 e 7 de agosto para nenos e nenas de entre 4 e 16 anos.
Durante todo o campus aplicarase o protocolo especial covid-19 o cal podes coñecer no seguinte enlace https://www.rccelta.es/index.php/es/campus-de-verano-2020-2. Ademáis coa inscrición cada participante recibará unha equipación Adidas do Celta de Vigo e os empadroados en Oroso terán un desconto no importe da inscrición.
Descarga aquí a folla de Inscrición