subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso informa do remate dos traballos de renovación do aglomerado nos lugares de A Igrexa e Cas, na parroquia dos Ánxeles


orosoO Concello de Oroso informa aos seus veciños e veciñas do remate das obras de renovación do aglomerado nos lugares de A Igrexa e Cas (parroquia dos Ánxeles).

Tras esta actuación, haberá novas tarefas de pavimentación nos lugares de Vilar de Abaixo (Deixebre), e Zan e A Costa (Trasmonte), que se prolongarán durante as próximas semanas.

O concello informa tamén do comezo na xornada de hoxe dos traballos de rebacheo en todas as pistas das parroquias do municipio que o necesiten. Esta actuación, cun orzamento de 60.000 euros, realizarase en dúas fases e dará resposta ás demandas dos veciños.

A aposta polas parroquias e o rural continuará nas próximas semanas, nas que o grupo de goberno acometerá un conxunto de obras no rural de Oroso cun investimento global dun millón de euros.

“Con estas actuacións, damos resposta ás demandas veciñais e melloramos a seguridade viaria, tanto dos vehículos como dos peóns”, explica o alcalde de Oroso, Luis Rey Villaverde.