subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Clases de tenis en Oroso


orosoO Club de Tenis Oroso e o Concello de Oroso animan aos veciños e veciñas a participar nas clases de tenis, aproveitando ademais a recente renovación da pista de tenis de Deixebre.

Quedan prazas libres nos seguintes horarios:

Lunes 18:15 horas (Sigüeiro): nivel Perfeccionamento
Martes 17:30 horas (Deixebre): Benxamín 5-7 anos
Mércores 18:30 horas (Sigüeiro): nivel Iniciación
Mércores 19:30 horas (Sigüeiro): nivel Perfeccionamento

“Quero agradecer o traballo do club e animar á veciñanza a asistir ás clases, como concello estamos moi satisfeitos de ofrecer un amplo abanico de actividades deportivas para todas as idades”, asegura Antonio Leira, concelleiro de Deportes de Oroso.