subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Traballos de insonorización da Escola de Música Municipal


orosoO Concello de Oroso realizou nas últimas semanas traballos de insonorización das aulas da Escola de Música Municipal. Desta forma, melloran as instalacións e as condicións nas que aprenden música os rapaces e rapazas.

“Máis de 70 nenos e nenas estudan música no centro, unha prioridade para o noso concello; con esta actuación, queremos mellorar a escola e dar resposta ás necesidades de docentes e alumnos”, explica Vanesa Boo, concelleira de Cultura de Oroso.

O concello de Oroso destinou 70.000 euros este ano 2021 á Escola de Música, unha partida para impulsar e mellorar as súas actividades.