subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Saúda de Nadal - Luis Rey Villaverde, alcalde de Oroso


orosoEstimados veciños e veciñas de Oroso: Estamos xa a poucos días de rematar outro ano que sen dúbida non esqueceremos con facilidade, un 2021 que estivo moi marcado aínda polo coronavirus. Ogallá 2022 sexa o ano no que conseguimos deixar atrás a pandemia de forma definitiva.

Quero por suposto ter en primeiro lugar unha lembranza moi especial para todas aquelas persoas que desgrazadamente faleceron durante 2021, enviando unha agarimosa aperta a todos os seus familiares e achegados.
Moito ánimo e saúde tamén para os veciños e veciñas de Oroso que teñen neste momento algunha outra enfermidade, co desexo dunha moi pronta recuperación.

Como calquera pode ver, o virus déixanos claro que a pandemia aínda non rematou. Toca seguir coidándonos e coidar aos demais. Estou convencido de que a luz ao final do túnel está cada vez máis preto. Moito ánimo.

Desde que tomei posesión no pasado mes de maio, son moitas as persoas que me pre­guntan polos proxectos que teño en mente para Oroso. Os teño, por suposto, pero ninguén debe esquecer que o principal obxec­tivo a curto e medio prazo debe xer deixar atrás esta pandemia do coronavirus.

Nestes seis meses xa tiven con­tacto con moitos de vos, pero nas próximas semanas continuarei a falar con todos os colectivos e agrupacións veciñais, culturais, sociais, empresariais ou depor­tivas, visitando todas as parro­quias para coñecer as vosas de­mandas e inquedanzas.

Quero aproveitar estas liñas para darvos as grazas de antemán pola vosa axuda e engadir que, como non podía ser doutra ma­neira, tedes abertas as portas do concello para trasladarme todas aquelas cousas que vos preocu­pan ou interesan.

Chega agora, como comentei anteriormente, o tempo do Na­dal e desde o Concello queremos que sexan unhas festas especiais. Son unhas datas máxicas para os nenos e nenas e debémoslles un esforzo, tiveron un compor­tamento exemplar e merecen un Bo Nadal.

Desexo que no ano 2022 sexa­mos todos capaces de superar os retos aos que nos enfrentamos. Estou convencido de que así será, coa confianza de que den­tro dun ano teña a oportunidade de volver a dirixirme a vós nun­ha mellor situación.


Moitas grazas a todos e a to­das. Bo Nadal e próspero Anino­vo. Felicidade e saúde!
LUIS REY VILLAVERDE, ALCALDE DE OROSO