subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Fin de semana de entroido no Concello de Oroso


orosoO Concello de Oroso informa aos seus veciños e veciñas dos detalles do seu programa para as festas de Entroido durante a fin de semana, con opcións para todas as idades e recuperando o tradicional concurso de disfraces.

O Concerto da Escola de Música José Verea de Oroso celebrarase mañá venres 25 de febreiro ás 17:00 na carpa instalada diante do centro deportivo.

Tamén mañá celebrarase un obradoiro de elaboración de filloas e rosquiñas de entroido de 17:00 a 19:00 no Centro Cultural e dirixido a persoas adultas.

O sábado 26 de febreiro celebrarase o tradicional concurso de disfraces con saídas ás 17:30 do pavillón de deportes e un desfile de entroido con animación de rúa. Celebrarase tamén a entrega de premios do concurso de máscaras.