subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso saca a licitación a senda peonil que unirá Baxoia con Bouzalonga cun investimento de 178.000 euros


orosoO Concello de Oroso saca a licitación a senda peonio que irá dende a Baxoia a Bouzalonga, unha vez que xa conta con todas as autorizacións pertinentes.

A actuación sae a licitación cun orzamento de 178.000 euros e servirá para mellorar a comunicación e a seguridade viaria, tanto dos peóns como dos vehículos, nun tramo moi utilizado polos veciños da zona.

“Despois de moitas xestións e moitas complicacións administrativas coas autorizacións para impulsar a senda, por fin podemos licitar unha obra moi demandada polos veciños e que era prioritaria para o noso grupo de goberno”, explica Luis Rey Villaverde, alcalde de Oroso.

Con estes traballos, Oroso ampliará a súa rede de sendas no rural, unha das máis extensas da comarca. Recentemente rematouse a que conecta Oroso Pequeno co parque fluvial do río Carboeiro e está tamén licitada a de Marzoa, que suporá un investimento superior aos 200.000 euros.

“É unha satisfacción que estes proxectos saian adiante, xa que reflicten o noso compromiso co rural e coas parroquias de Oroso, cumprindo a nosa palabra cos veciños”, engade o alcalde.