subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

IV Concurso de Tapas de Oroso "de tapa en tapa".


Bases do Concurso

As bases polas que se rexerá o concurso "De tapa en tapa" son:

BASE PRIMEIRA: Obxecto do Concurso
O obxecto do presente concurso é acadar un maior número de visitantes ao concello de Oroso e dinamizar a nosa hostalería, ao tempo que se promove a gastronomía local e as posibilidades do Concello de Oroso en materia de turismo.

BASE SEGUNDA: Participantes
Poderán concursar os establecementos de hostalería do ámbito municipal de Oroso.

BASE TERCEIRA: Datas e duración do Concurso
Esta cuarta edición do concurso de tapas de Oroso levarase a cabo no mes de abril, concretamente os días 6, 7, 13 e 14 de abril de 2013. É dicir, terá unha duración de dúas fins de semana.

BASE CUARTA: Desenvolvemento do Concurso
Cada establecemento deberá elaborar de unha a catro tapas, podendo ser tradicionais ou creativas.
Con cada consumición será entregada a tapa. Unha vez degustada polo cliente, o establecemento selaralle o boleto, para poder participar no concurso e ter acceso aos premios.

BASE QUINTA: Valoración da Tapa
Valoraranse aspectos como a presentación, a orixinalidade e por suposto o sabor.

BASE SEXTA: Número de Tapas
Aceptaranse como máximo 4 tapas, unha por día. Sendo aceptable tamén unha única tapa para participar os castro días.

BASE SÉPTIMA: Horario de degustación das tapas
Será de carácter obrigatorio para todos os establecementos participantes servirlle as tapas ao público nunha franxa horaria acordada polos participantes e a organización do concurso. Este horario fíxase da seguinte maneira: Os sábados e os domingos de 12.00h da mañá a 15.00h da tarde e de 19.00h da tarde a 22.00h.
Este horario sempre poderá ser aumentado polos locais participantes se así o desexan pero en ningún caso reducido.

BASE OITAVA: Votación
A tapa gañadora será elixida por votación popular. Os propios clientes e degustadores das tapas a concurso serán os que decidan o gañador.
A cada establecemento entregaráselle unha urna selada a conciencia pola organización do concurso. No boleto de selado, no apartado dedicado para tal fin, os degustadores poderán votar polo establecemento que fixera a mellor tapa. Logo deberán depositalo en calquera das urnas que atoparán nos establecementos participantes.
Para que un voto sexa válido a papeleta deberá contar cun mínimo de 6 selos distintos e 9 para poder optar ao premio que se sorteará..

BASE NOVENA: Nº de selos
Serán necesarios como mínimo 9 selos de distintos bares para poder entrar no sorteo dos premios, dos cales dous deberán ser de algún dos establecementos participantes fóra de Sigüeiro.

BASE DÉCIMA: Premios
Os premios serán os seguintes:

PREMIO PARA O ESTABLECEMENTO GAÑADOR
MELLOR TAPA 2013: 300 € + Diploma que o acretida como gañador polo Concello de Oroso.

PREMIOS PARA OS CLIENTES
Sortearase entre todos os boletos debidamente selados polos establecementos e cumprimentados cos datos persoais de cada cliente, por orde de saída das papeletas:
Un circuíto termal no balneario Compostela para dúas persoas (agasallo de ACES)
Dous premios de dúas entradas para Termaria Casa da Auga na Coruña
2 ceas para dúas persoas
1 bono de beleza dobre en Sanmar estilismo (Sigüeiro)
6 botellas de viño LAN (agasallo da empresa LAN)

Só se admitirán os boletos que se atopen no interior das urnas repartidas polos establecementos.

BASE DÉCIMO PRIMEIRA: Sorteo e entrega de premios
A organización fixará unha data para o sorteo dos premios, do establecemento e do público, que será comunicada aos establecementos participantes e aberto ao público en xeral.
Posteriormente, celebrarase un acto de entrega de premios, que será comunicado a todos os premiados.

BASE DÉCIMO SEGUNDA: Publicidade e material de difusión
A cada establecemento entregaránselle dous carteis que deberá poñer á vista no seu local para darse a coñecer como participante.
A organización encargarase de darlle publicidade ao dito acontecemento de todas as formas posibles para acadar así unha maior presenza. Isto inclúe os seguintes medios:
1. Páxina web do Concello de Oroso.
2. Carteis por todo o Concello e no resto da comarca, así como tamén nos concellos máis próximos a Oroso que non pertenzan á comarca.
3. Anuncios no xornal.

O Concello de Oroso será o encargado de editar as revistas informativas do concurso, cos boletos de selado, nos cales figurarán os locais participantes, as tapas que ofertarán e a localización dos locais.
Estas revistas poderán conseguirse de forma totalmente gratuíta polos clientes que queiran entrar no sorteo. Atoparanse en todos os locais que participen e tamén nas dependencias da Casa do Concello e no centro cultural Fernando Casas e Novoa.

BASE DÉCIMO TERCEIRA: Aceptación das bases
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.