subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Concurso de disfraces Oroso 2023


Folla de inscrición

Bases do Concurso

PRIMEIRA.- OBXECTO DA CONVOCATORIA.
O obxecto da convocatoria é o Concurso de disfraces de Entroido 2023 que organiza o Concello de Oroso o sábado 18 de febreiro de 2023 pola tarde.

O desfile de carnaval terá a organización seguinte:

- A recollida do dorsal realizarase o día do concurso no pavillón de deportes de 16 a 17h, será obrigatorio recoller o dorsal nese horario para poder participar no concurso. As actuacións ou postas en escena diante do xurado terán un máximo de duración de 3 minutos, a partir dese tempo poderán ser descualificadas.

- A hora prevista de saída do pasarrúas será ás 17:30h (punto de partida pavillón de deportes, o percorrido será circular) sempre que o tempo o permita, a continuación os participantes desfilarán ou actuarán dependendo de cada quen diante do xurado no interior do pavillón de deportes para proceder a súa valoración.

SEGUNDA.- PERSOAS BENEFICIARIAS.
Poderán ser beneficiarios dos premios previstos nestas bases tódalas persoas, así como as agrupacións de persoas físicas constituídas para a consecución dos fins sinalados coma obxecto de premio, e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Non estar incursas en ningún dos casos previstos no artigo 13.2 da lei xeral de subvencións.
b) Non ter co concello débedas ou sancións tributarias en período executivo, salvo que se trate de débedas ou sancións tributarias que se atopen aprazadas, fraccionadas o cuxa execución estivese suspendida.
c) Non ter pendente de xustificar subvención concedida polo concello.
Aquelas persoas menores de idade ou que non teñan plena capacidade de obrar que desexen participar deberán facelo sempre coa preceptiva autorización do titular da patria potestade ou tutela, segundo modelo anexo a estas bases.

A inscrición poderá formalizarse nalgunha das categorías seguintes:
- Individual Infantil: nesta categoría participarán nenos e nenas ata 16 anos.
- Grupo Infantil: nesta categoría encadraranse os grupos de 2 a 5 compoñentes todos eles menores de 16 anos.
- Comparsa infantil: Os grupos de nenos e nenas ata 16 anos integrados por 6 compoñentes ou máis.
- Individual Adulto: nesta categoría participarán persoas de 16 anos ou máis.
- Grupo Adulto: nesta categoría entrarán os grupos de 2 a 5 compoñentes todos eles maiores de 16 anos.
- Comparsa: Os grupos de persoas de 16 anos ou máis integrados por 6 persoas como mínimo.

A inscrición no modelo oficial que se achega como ANEXO I e a maiores o correspondente á categoría na que participa (IA, IB, IC e ID), facilitado polo Concello de Oroso, constitúe un requisito imprescindible que deben cumprir os participantes que queiran optar a un premio.

Nas Categorías Individuais non se premiará a persoas con disfraces que pertenzan a unha agrupación que participe no concurso aínda que se presenten en diferentes categorías.

A participación no concurso supón a aceptación das condicións establecidas nestas bases e a declaración responsable do seu cumprimento.

TERCEIRA. TEMAS.
Os temas son libres. Sen embargo, non poderán ter contido sexista, homófobo, racista, ou calquera expresión violenta que poida afectar ou danar á integridade ou o benestar de outras persoas.

Unha vez finalizada a actividade é necesario que os propietarios dos disfraces se fagan cargo dos residuos que ocasionen depositando os mesmos de maneira selectiva dentro dos contedores da vía pública pertinentes.

Cuarta.-RÉXIME DE CONCESIÓN DOS PREMIOS
Os premios outorgaranse a instancia do solicitante con cargo ó orzamento da Corporación mediante procedemento de concorrencia competitiva. O seu outorgamento será motivado e os seus importes non poderán ser revisados ni ampliados.

O importe dos premios a conceder non superará o presupostado no Orzamento Xeral da Corporación para cada exercicio orzamentario.

Concederanse o seguintes premios (IMPORTE BRUTO):
CATEGORÍA XERAL (MAIORES DE 16 ANOS)
MODALIDADE COMPARSA (mínimo 6 compoñentes)
Gañador: 500 euros
Finalista: 300 euros

MODALIDADE DE GRUPO (de 2 a 5 compoñentes)
Gañador: 350 euros
Finalista: 220 euros

MODALIDADE INDIVIDUAL.
Gañador: 250 euros
Finalista: 180 euros

CATEGORÍA INFANTIL (ATA 16 ANOS)

MODALIDADE COMPARSA (mínimo 6 compoñentes)
Gañador: 350 euros
Finalista: 200 euros

MODALIDADE DE GRUPO (de 2 a 5 compoñentes)
Gañador: 220 euros
Finalista: 150 euros

MODALIDADE INDIVIDUAL
Gañador: 180 euros
Finalista: 120 euros

PREMIO ESPECIAL PARA UNHA COMPARSA DO CONCELLO: 150€

De conformidade co artigo 75.3 do Real Decreto 439/2007 do 30 de Marzo, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e modifícase o Regulamento de Plans e Fondos de Pensións, aprobado por Real decreto 304/2004, do 20 de febreiro, non existe a obrigación de practicar retención ou ingreso a conta sobre os mencionados premios, excepto os que superen a contía de 300,00 euros nos que se efectuará a retención do 19%.

Os premios previstos para cada concurso regulado nestas bases imputarase contra a partida orzamentaria prevista no 338.481.00 do orzamento municipal prorrogado para o exercicio de 2023 por importe de 3.170,00 euros.

As candidaturas valoraranse segundo a orixinalidade, laboriosidade e deseño do disfraz así como a simpatía ou a posta en escea de cada participante, podendo declararse deserto calquera premio se a xuízo do propio xurado non se reúnen os méritos suficientes.

Quinta.-PUBLICIDADE E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Unha vez aprobadas as presentes bases e convocatoria por resolución da Alcaldía-Presidencia, serán obxecto de publicación íntegra no «Boletín Oficial» da provincia de A Coruña.

O prazo para a presentación de solicitudes rematará dous días naturais antes da data de celebración do concurso.

Para aclaracións ou asesoramento en canto as solicitudes para o concurso poden poñerse en contacto co departamento de cultura no 981 690 903 para aclarar as dúbidas sempre dentro do prazo establecido.

Sexta.- DOCUMENTACIÓN
A documentación que se deberá acompañar é a seguinte:

- Solicitude, segundo modelo que se acompaña no anexo I, firmada polos interesados, ou por quen teña conferida a representación no que se inclúe declaración responsable de encontrarse ó corrente das súas obrigas fiscais con este Concello, e a facenda pública e estatal, así coma a seguridade social e de que o(s) solicitante(s) non se atopa(n) en ningún dos casos de prohibición para obter subvencións establecidas no artigo 13 da lei xeral de subvencións.

Na solicitude de participación deberá indicarse no apartado de documentación adicional:
1. Se presenta música en formato MP3.
2. Indicar se desfila con carroza e as súas dimensións.

Sétima.- LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes e no seu caso documentación adicional deberanse entregar:
1º) No Rexistro Municipal do concello, en horario de 8:30 a 12:00 horas os días laborables.
2º) . Na Sede Electrónica Municipal (https://sede.oroso.gal/).
3º) Por calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Oitava.-PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN
O procedemento a seguir será o de concorrencia competitiva, cas seguintes especialidades:
a) O órgano de instrución sinalado na lei será a Concellería delegada de Cultura.
b) O órgano colexiado encargado de avaliar aos concursantes atendendo aos criterios previstos, estará formada por un xurado imparcial cuxa composición é a seguinte:
1) Presidente: Concelleira delegada de Cultura
2) Auxiliar técnico de biblioteca e cultura do concello de Oroso
3) Un/unha representante dunha asociación do concello de Oroso
4) Un/unha representante dunha asociación do concello de Oroso
5) Secretario/a: Persoal do concello de Oroso ou Mancomunidade de Ordes. Suplentes do resto dos membros do xurado serán designados polo Alcalde-Presidente en caso de que fose necesario.
c) O réxime xurídico e de funcionamento do xurado será o disposto nos artigos 15 a 18 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público. Os membros do xurado deberán coidar de respectar as causas de abstención previstas no artigo 23.2 da lei 39/2015, comunicando por escrito á Alcaldía-Presidencia de xeito inmediato unha vez teñan coñecemento da existencia de calquera causa en que incorresen. Do mesmo xeito os membros do xurado poderán ser obxecto de recusación polos concursantes en calquera momento do procedemento por incorrer en causa de abstención. Na acta redactada de avaliación de candidaturas deberá recollerse coma mínimo:

a. Baremación de todos os concursantes mediante o sistema previsto, por orde de maior a menor puntuación e por categoría.
b. Proposta dos premiados por categoría.
d) Unha vez recibida a proposta do xurado, o órgano instrutor procederá a:
a. Solicitar os correspondentes informes dos servizos municipais da:
1- Non concorrencia dos premiados nalgunha das circunstancias previstas na base terceira para obter subvencións e que foron obxecto de declaración responsable, mediante a petición dos certificados telemáticos á Axencia Tributaria e Seguridade Social e contabilidade municipal.
b. Requirir aos premiados para que no prazo de dez días hábiles aporten a seguinte documentación:
1- Acreditación da identidade e no seu caso representación legal dos premiados:
· A persoas físicas mediante a aportación do DNI.
· Os titores ou titulares da patria potestade dos premiados minores de idade ou incapacitados, mediante a aportación do libro de familia, sentencia xudicial ou título suficiente que acredite a representación.
· No suposto de seres unha asociación ou entidade con personalidade xurídica, acreditación de poder ou nomeamento para actuar en nome e representación da entidade.
i. Aportación dun certificado de número de conta da entidade bancaria cuxo titular será o premiado ou o seu representante legal.
e) O órgano instrutor á vista do expediente e do informe do xurado, formulará a proposta definitiva de resolución de concesión dos premios en favor de aqueles premiados que acreditasen o cumprimento das bases e aportasen a documentación requirida, ou no seu defecto, aos concursantes coa seguinte maior puntuación segundo a baremación feita polo xurado que cumprisen co disposto nesta base.
f) A Alcaldía-Presidencia será o órgano competente para unha vez vista a proposta de resolución e a fiscalización da intervención municipal, resolver mediante acordo motivado.
A notificación dos actos de tramitación e resolución de concesión dos premios será publicada aos interesados no taboleiro de anuncios dixital do concello, medio exclusivo de notificación de conformidade co disposto no artigo 45.1 b) da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Novena.- PAGO DOS PREMIOS
O pago de premios en metálico concedidos farase efectivo mediante transferencia bancaria ao número de conta indicado polos premiados. No momento do pago practicarase as oportunas retencións segundo a normativa tributaria vixente.
No suposto de premios compartidos por unha pluralidade de persoas, o pago ratearase a partes iguais entre todos os premiados que cumprisen o disposto nestas bases e aportasen a documentación requirida, salvo que nomeen un representante previa autorización asinada por todos conforme o modelo de Anexo I.C) no que o pago se efectuará a dito representante.

Décima.- DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL E DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
A participación nos concursos previstos nestas bases implica polos participantes a aceptación incondicionada das seguintes cláusulas:

1º) A cesión en modalidade non exclusiva ao concello de Oroso de xeito gratuíto dos seguintes dereitos de explotación:
a) Reprodución
b) Distribución
c) Comunicación pública
d) Publicación.

1º) A autorización ao concello para a publicación na páxina web, redes sociais e publicacións da súa titularidade do nome e apelidos dos concursantes e premiados, así coma fotografías e vídeos dos mesmos nos actos de entrega de premios ou na participación nas actividades culturais, deportivas, lúdicas etc. obxecto do concurso.

Undécima.-INSPECCIÓN E CONTROL
O concello poderá realizar as comprobacións que estime oportunas respecto das actividades premiadas e terá acceso a toda a documentación xustificativa das mesmas, en particular a información de estar ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e de non estar incurso en causa que impida a obtención de subvencións públicas, así como a requirir aos premiados nos termos que precise todo elo de conformidade co disposto no Título III da lei 38/2003.

Duodécima.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
O réxime de infraccións e sancións será o establecido no Título IV da lei 38/2003.

O incumprimento parcial ou total das condicións establecidas, a desviación do premio para actividades ou conceptos no estimados no proceso de tramitación e resolución, o incumprimento da obriga de xustificación, a duplicidade de subvencións para un mesmo programa, sempre que non sexan complementarias con cargo a créditos de outras Administracións Públicas, constituirán causa determinante para a revogación do premio concedido, coa seguinte devolución dos créditos obtidos.

Igualmente, o falseamento ou ocultación dos datos esixidos nas correspondentes convocatorias, así como a aplicación da prestación a fins distintos dos previstos, dará lugar á cancelación do premio e a obriga do reintegro das cantidades recibidas.

As cantidades a reintegrar terán a consideración de créditos de dereito público, resultando de aplicación para a súa cobranza no previsto no Regulamento Xeral de Recadación.

Decimo terceira.-COMPROMISOS
As persoas que resulten beneficiarias dos premios se comprometen a:
- Comunicar ó Concello por escrito, cando proceda, a obtención de premios, subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera administración ou ente público.
- Comunicar ó concello, por escrito, as modificacións da situación, condición ou circunstancias que motivaron a concesión.
- Autorizar ó Concello a obter por medios telemáticos os certificados correspondentes de atoparse ó corrente de obrigas tributarias, coa seguridade social e de non estar incurso en causa que impida a obtención de subvencións públicas.
- Obrigas adicionais:
A música para as actuacións é preciso presentala no momento da inscrición en formato MP3 a ser posible e por mail a: cultura@oroso.gal ou memoria USB (non se recollerá música fora do prazo de inscrición nin tampouco o propio día do concurso).

É obrigatorio participar no desfile polas rúas de Sigüeiro para formar parte do concurso de disfraces. Será a organización do concurso a que determine se suspende ou non o desfile por causas alleas, como poden ser as condicións meteorolóxicas.