subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Programa Diver


Os programas.

O Concello de Oroso pon en marcha, un ano máis, o programa DIVER OUTONO, DIVER NADAL, DIVER PRIMAVERA e DIVER VERÁN, que está dirixido a nenos e nenas en idade escolar.

Con esta iniciativa preténdese que durante as vacacións escolares os pais poidan conciliar a vida laboral e familiar, ademais de ocuparen o tempo de lecer dos seus fillos dun xeito divertido e educativo. Entre as actividades que se van realizar destacan as visitas e excursións, os obradoiros, a aprendizaxe e a interpretación de cancións ou a realización de xogos en equipo.

Diver Nadal

  • Datas: 10 días (22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro 2014 e 2, 5 e 7 de xaneiro de 2015).
  • Prazo de inscrición:
  • Mínimo participantes: 20 nenos/nenas de 3 a 12 anos.
  • Prezos:
  • CONCEPTO PREZO
    09:00 a 14:00 60 €
    07:30 a 15:30 90 €
    Día solto 09:00 a 14:00 7 €
    Día solto 07:30 a 15:30 10 €
    Almorzo 2 €
    Xantar 5 €
    Merenda 3 €
    Hora adicional 5 €

Inscrición.

  • Horario: de 9:00 a 14:00 horas
  • Lugar: Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa
    • As inscricións deberán realizarse dentro dos prazos establecidos
    • Establécese un mínimo de 20 inscricións para poder levar a cabo a actividade
    • O Concello subvenciona estas actividades para os empadroados en Oroso que posuan algunha das seguintes condicións:
      1. Familia numerosa
      2. Familia monoparental
      3. Segundo irmán que participe na actividade