Concurso de postais de Nadal con mensaxe 2021
Bases:
- As postais terán como máximo as seguintes dimensións: 21 x 15
- Poden entregarse na técnica que cada un considere oportuna pero deben incluír unha mensaxe de felicitación orixinal e escrita en lingua galega
- Cada participante poderá presentar un máximo de 2 postais
- No caso de non presentarse un mínimo de 3 postais por cada categoría o xurado pode declarar esa categoría deserta
Categorías
Establécense catro categorías:
- De 3 a 4 anos
- De 5 a 7 anos
- De 8 a 10 anos
- De 11 a 14 anos
- Máis de 15 anos
Onde entregar a postal
Deberán ser entregadas no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa no seguinte horario: de luns a venres de 9 a 14 horas.
Prazo de entrega:
Ata o 17 de decembro ás 14:00h.
Entrega de premios:
Os/as gañadores/as de cada categoría recibirán un lote de libros.