subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Detectactos tan só 3 positivos por Covid nas 223 PCR realizadas aos veciños de entre 16 e 24 anos do Concello


orosoO Sergas fixo hoxe público o resultado do último cribado masivo realizado no concello de Oroso durante este mesmo sábado. En total foron citados 650 veciños e veciñas de entre 16 e 24 anos para realizar un test de detección temperá do COVID-19 en asintomáticos.

Segundo explicou o Servizo Galego de Saúde, recolléronse un total de 223 mostras, o que supón un 34% de participación en relación con todos os citados. O resultado final foi de tan só 3 casos positivos, é dicir, unha positividade dun 1,34%.

O cribado, que realizouse no centro de saúde de Sigüeiro, desenvolveuse tralo gromo detectado nas festas de Ordes, onde acudiu moita rapazada da comarca. O Concello quixo agradecer a colaboración dos participantes para impedir a expansión dun posible brote no municipio e recordan que por cada caso detectado a tempo pódense evitar entre 3 e 4 contaxios.

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil foi a encargada de regular a circulación no entorno do centro de saúde e de facilitar a normal fluxo de xente á hora de realizar a proba.