copcisa O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o subdirector de Copcisa, Joaquín Tomás, presidiron esta mañá o simbólico acto de colocación da primeira pedra da ampliación do pavillón polideportivo de Sigüeiro, que suporá a construcción dun novo inmoble nunha parcela colindante. Unha obra orzamentada en 1.041.314 euros e que está financiada ao abeiro dos Fondos Estatais de Investimento Local aprobados polo Goberno Zapatero." /> copcisa O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o subdirector de Copcisa, Joaquín Tomás, presidiron esta mañá o simbólico acto de colocación da primeira pedra da ampliación do pavillón polideportivo de Sigüeiro, que suporá a construcción dun novo inmoble nunha parcela colindante. Unha obra orzamentada en 1.041.314 euros e que está financiada ao abeiro dos Fondos Estatais de Investimento Local aprobados polo Goberno Zapatero." /> copcisa O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o subdirector de Copcisa, Joaquín Tomás, presidiron esta mañá o simbólico acto de colocación da primeira pedra da ampliación do pavillón polideportivo de Sigüeiro, que suporá a construcción dun novo inmoble nunha parcela colindante. Unha obra orzamentada en 1.041.314 euros e que está financiada ao abeiro dos Fondos Estatais de Investimento Local aprobados polo Goberno Zapatero." /> Concello de Oroso - Sigüeiro contará cun novo polideportivo con ximnasio e pista de squash nun prazo de 9 meses.
subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Sigüeiro contará cun novo polideportivo con ximnasio e pista de squash nun prazo de 9 meses.


O alcalde, Manuel Mirás, e o subdirector de Copcisa, Joaquín Tomás, colocaron hoxe a primeira pedra do edificio, orzamentado en 1,04 millóns.

Mirás destaca que esta obra “posibilitará a creación de 15 postos de traballo en Oroso e numerosos postos indirectos, xa que Copcisa comprará o seu material a empresas de Oroso e da comarca”

copcisa O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o subdirector de Copcisa, Joaquín Tomás, presidiron esta mañá o simbólico acto de colocación da primeira pedra da ampliación do pavillón polideportivo de Sigüeiro, que suporá a construcción dun novo inmoble nunha parcela colindante. Unha obra orzamentada en 1.041.314 euros e que está financiada ao abeiro dos Fondos Estatais de Investimento Local aprobados polo Goberno Zapatero.

O novo edificio constará de planta semisoto e dúas plantas. No semisoto, cunha superficie construida de 651 metros cadrados, construirase un ximnasio, unha pista de squash, unha sala polivalente de 56 m2 e dous vestiarios, que poderán ser utilizados tanto polos usuarios do ximnasio e da pista como polos usuarios do campo de fútbol de herba artificial.

Na planta de acceso ao público, tamén de 651 m2 de superficie, instalaranse os aseos, a recepctión, o graderío da pista de squash e unha gran sala polivalente de 280 m2. “Esta sala será moi importante xa que somos un concello moi dinámico, temos actividades moi diversas todos os días e necesitabamos unha sala destas características”, explicou Mirás Franqueira. Na planta alta do edificio haberá unha cafetería, tres despachos e unha terraza de 128 m2 con vistas ao campo de fútbol. “Aínda que imaxino que será de entrada previo pago cando haxa partidos”, bromeou Mirás Franqueira. A parte alta do edificio levará unha cuberta vexetal, “que irá ben coa paisaxe”, puntualiza o alcalde orosán.

Creación de postos de traballo

O alcalde de Oroso destacou especialmente que esta obra recolle o espírito que deu lugar aos Fondos Estatais de Investimento Local, aprobados polo Goberno Zapatero para fomentar a creación de emprego. “É un plan para crear postos de traballo e nós imos crear 15 postos de traballo”, explicou Mirás Franqueira, “pero ademais esta obra vai dar moito pulo económico ás empresas desta zona xa que Copcisa comprará os materiais en Oroso e na comarca, coa creación de postos de traballo indirectos que iso conleva”.

Un punto no que incidíu tamén Joaquín Tomás, quen confirmou que “contrataremos a 15 personas de la comarca y además compraremos los materiales aquí, por lo que esta obra generará actividad entre las empresas de la zona”. Tomás lembrou que Copcisa é unha das 15 empresas constructoras máis importantes de España, que ten sobrada experiencia na construcción deste tipo de polideportivos e que conta cunha implantación en Galicia dende hai xa varios anos. Unha empresa que facturou 470 millóns de euros o ano pasado e que conta cunha carteira de pedidos de 700 millóns de euros.

As obras de construción deste polideportivo comezarán o vindeiro luns 4 de abril e estarán rematadas nun prazo de 9 meses.