O Concello de Oroso vén de aprobar o pliego de cláusulas administrativas que rexerán a contratación, por procedemento aberto, da ampliación e adecuación do polideportivo de Sigüeiro. Unha obra orzamentada en 1,15 millóns de euros, cun tempo de execución de 9 meses e que está incluida dentro do Fondo Estatal de Investimento Local, que xa foi autorizada pola Secretaría de Estado de Cooperación Territorial, pertencente ao Ministerio de Administracións Públicas." /> O Concello de Oroso vén de aprobar o pliego de cláusulas administrativas que rexerán a contratación, por procedemento aberto, da ampliación e adecuación do polideportivo de Sigüeiro. Unha obra orzamentada en 1,15 millóns de euros, cun tempo de execución de 9 meses e que está incluida dentro do Fondo Estatal de Investimento Local, que xa foi autorizada pola Secretaría de Estado de Cooperación Territorial, pertencente ao Ministerio de Administracións Públicas." /> O Concello de Oroso vén de aprobar o pliego de cláusulas administrativas que rexerán a contratación, por procedemento aberto, da ampliación e adecuación do polideportivo de Sigüeiro. Unha obra orzamentada en 1,15 millóns de euros, cun tempo de execución de 9 meses e que está incluida dentro do Fondo Estatal de Investimento Local, que xa foi autorizada pola Secretaría de Estado de Cooperación Territorial, pertencente ao Ministerio de Administracións Públicas." /> Concello de Oroso - O Concello de Oroso ampliará e acondicionará o polideportivo de Sigüeiro.
subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso ampliará e acondicionará o polideportivo de Sigüeiro.


O pliego de contratación da obra prima ás empresas que creen emprego no municipio e o Concello esixirá a creación dun mínimo de 20 novos empregos nos vindeiros 9 meses.

O Concello de Oroso vén de aprobar o pliego de cláusulas administrativas que rexerán a contratación, por procedemento aberto, da ampliación e adecuación do polideportivo de Sigüeiro. Unha obra orzamentada en 1,15 millóns de euros, cun tempo de execución de 9 meses e que está incluida dentro do Fondo Estatal de Investimento Local, que xa foi autorizada pola Secretaría de Estado de Cooperación Territorial, pertencente ao Ministerio de Administracións Públicas.

Un pliego de cláusulas nas que “primamos tanto a oferta económica coma a creación de postos de traballo no concello”, explica o alcalde de Oroso, Manuel Mirás. De feito, se unha empresa crea máis de dez empregos, recibirá catro puntos por cada traballador (ata un máximo de 60 puntos). “Imos levar a raxatáboa a creación deses postos de traballo, xa que neses 9 meses que durará a obra imos esixir a creación dun mínimo de 20 novos postos de traballo, e daremos más facilidades se son desempregados de Oroso”, anuncia Mirás Franqueira.

O alcalde orosán é taxante: “que ninguén se atreva a presentar unha oferta sen crear eses postos de traballo porque será rexeitada, e aquela que aceptemos debe saber que imos mirar con lupa que se creen eses postos de traballo xa que a finalidade dos fondos do plan ZP é precisamente a de crear emprego”.