porto avieira O Concello de Oroso vén de anunciarlle aos presidentes das comunidades de veciños de Porto Avieira a decisión da coalición de Goberno PSOE-BNG de recepcionar as obras da devandita urbanización e executar subsidiariamente as obras pendentes. Unha decisión que a coalición de Goberno PSOE-BNG tomou ante o incumprimento dos prazos para rematar as obras de urbanización por parte da empresa promotora." /> porto avieira O Concello de Oroso vén de anunciarlle aos presidentes das comunidades de veciños de Porto Avieira a decisión da coalición de Goberno PSOE-BNG de recepcionar as obras da devandita urbanización e executar subsidiariamente as obras pendentes. Unha decisión que a coalición de Goberno PSOE-BNG tomou ante o incumprimento dos prazos para rematar as obras de urbanización por parte da empresa promotora." /> porto avieira O Concello de Oroso vén de anunciarlle aos presidentes das comunidades de veciños de Porto Avieira a decisión da coalición de Goberno PSOE-BNG de recepcionar as obras da devandita urbanización e executar subsidiariamente as obras pendentes. Unha decisión que a coalición de Goberno PSOE-BNG tomou ante o incumprimento dos prazos para rematar as obras de urbanización por parte da empresa promotora." /> Concello de Oroso - O Concello de Oroso recibe a urbanización Porto Avieira.
subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso recibe a urbanización Porto Avieira.


Executará subsidiariamente as obras de urbanización pendentes ante o incumprimento dos prazos por parte da promotora.

O Concello estima nuns 700.000 euros o custe das obras, que serán requeridos á Xunta de Compensación de Porto Avieira sen que supoña carga algunha para os veciños da urbanización nin do municipio.

Se a Xunta de Compensación non ingresa os cartos no prazo de 15 días, procederase ao embargo dos bens suficientes para executar as obras de urbanización.

porto avieira O Concello de Oroso vén de anunciarlle aos presidentes das comunidades de veciños de Porto Avieira a decisión da coalición de Goberno PSOE-BNG de recepcionar as obras da devandita urbanización e executar subsidiariamente as obras pendentes. Unha decisión que a coalición de Goberno PSOE-BNG tomou ante o incumprimento dos prazos para rematar as obras de urbanización por parte da empresa promotora.

Así, o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, asinará o mércores a resolución da Alcaldía pola que ordea executar subsidiariamente estas obras dacordo co proxecto de Porto Avieira (denominado proxecto de urbanización do plan parcial de ordenación do sector 1 do solo apto para urbanizar “Porto Avieira”. Un proxecto aprobado definitivamente o 2 de agosto de 1993 e posteriormente modificado, con data 24 de marzo de 1999).

Para iso, o Concello practicará unha liquidación provisional de gastos das obras de urbanización por un importe cercano aos 700.000 euros. Unha cantidade da que se procederá á exacción do aval depositado pola promotora, por un importe de 80.089 euros. Así mesmo, o Concello de Oroso requerirá á Xunta de Compensación de Porto Avieira para que, no prazo de 15 días, proceda ao ingreso de preto de 600.000 euros (correspondentes á diferencia entre os gastos de execución das obras de urbanización e a cantidade cuberta polo aval). En caso contrario, procederase ao embargo dos bens suficientes pola vía de apremio, cos intereses e recargos correspondentes.

Mirás Franqueira asegura que “vai levar tempo, pero penso que así podemos solucionar definitivamente o problema sen que ao Concello lle custe nada máis que tramitar todo o papeleo”. Así, o Concello de Oroso será quen se faga cargo do remate das obras de urbanización de Porto Avieira, que serán licitadas canto antes, mentres que será a empresa promotora quen terá que facer fronte ao custo destes traballos.

“Isto non vai supoñer ningunha carga suplementaria para os veciños de Oroso, nin tampouco para os veciños de Porto Avieira”, adianta Manuel Mirás, a quen lles asegura que “poden estar tranquilos porque non lles vai custar absolutamente nada e terán os mesmos dereitos e deberes co resto de conveciños da zona urbana”.

O primeiro tenente de alcalde de Oroso, Xosé Manuel Pérez, considera que esta decisión é froito “dun Goberno responsable que ten que solucionarlle os problemas aos veciños e tomou a única decisión posible”. Así mesmo, Pérez Penas espera que tras esta decisión “poñamos o Punto Cero en Porto Avieira e empecemos a solucionar problemas que estiveron enquistados nos últimos anos”.

O primeiro tenente de alcalde de Oroso, e concelleiro de Obras, destaca a “valentía” da coalición de Goberno PSOE-BNG á hora de afrontar e resolver a situación en Porto Avieira, “tomando o touro polos cornos e resolvendo este problema que tiñan os veciños”. Ademais, remarcou que, deste xeito, o Concello de Oroso cumpre co que anunciara en pleno e aos veciños da urbanización: a súa intención de recibir as obras de Porto Avieira.