subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso continúa coa renovación da rede de saneamento e abastecemento cunha actuación entre os núcleos de Sar e Cabanas, na parroquia de os Ánxeles


orosoO grupo de goberno do Concello de Oroso continúa co seu plan integral de renovación da rede de saneamento e abastecemento municipal, tanto no casco urbano como nas parroquias.

Dentro deste plan, sacou a licitación as obras para a ampliación da rede desde o núcleo de Sar ata o núcleo de Cabanas, na parroquia de Os Ánxeles, cun investimento de 30.000 euros.

“Un dos piares da nosa acción de goberno e a mellora e renovación continua dos servizos e infraestruturas públicas”, asegura o alcalde, Luis Rey Villaverde Nas últimas semanas, e dentro do abastecemento, o concello sacou a licitación tamén as obras para mellorar a rede no núcleo do Campo de Cabanas, en Oroso e aledaños (parroquia de Oroso), cun investimento de 94.571 euros, e no núcleo de Os Carballos, na parroquia de Deixebre (91.788 euros).

Todos estes traballos forman parte ademais da actuación conxunta no rural de Oroso durante o segundo semestre do ano, con diferentes obras que supoñen un investimento próximo aos 900.000 euros.