subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso organiza un curso de balde para crear unha web en wordpress


 

O Concello de Oroso convoca un curso gratuíto de creación de páxinas web de balde en Wordpress. Un curso de 17 horas e media de formación presencial, que se impartirán na Aula CeMIT de Oroso, os días 2,3, 4, 5, 9, 10 e 11 de outubro, en horario de 10:00 a 12:30 horas.

O obxectivo do curso é que o alumnado aprenda a utilizar o Wordpress, saiba como crear contidos e seccións para as súas páxinas webs e saiban como administralas para sacarlles un maior partido. Os veciños e veciñas interesados en participar deberán anotarse na Aula CeMIT de Sigüeiro (rúa do Deporte, 7), no teléfono 981 688 950 ou a través do e-mail: educaoroso@concellooroso.com.