subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Crea a túa web. Introdución a Wordpress


orosoO Concello de Oroso ofrece a través da súa aula de formación un curso gratuito de creación de páxinas web coa ferramenta WordPress dende o 10 de maio ata o 13 de maio en horario de 10:00 a 12:00 horas.

Contido do curso
Instalación de WordPress.
Administración da web.
Configuración básica. Instalación e xestión de Temas.
Engadir entradas ao Blogue.
Engadir páxinas á web. Xestión de Menús.
Xestión de Widgets.
Xestión de Plugins.
Xestionar comentarios.
Xestión de Usuarios.

Para quen é este curso de Introdución a Wordpress?
Para todos os usuarios que busquen unha ferramenta que lle axude a crear un sitio web de forma sinxela. WordPress é flexible, dispón de miles de temas gratuítos (e comerciais) e moitos plugins que permitirán que o sitio poida ir medrando.

Non é necesario ter coñecementos previos de WordPress ou creación de sitios web, pero si unha base de informática a nivel usuario para saber desenvolverse no computador e poder avanzar con axilidade e seguridade.

Os termos e conceptos utilizados neste curso son básicos e entendibles por usuarios sen experiencia previa. Inclúese un pequeno glosario de termos empregados para facilitar a súa comprensión. Este é un curso básico de WordPress e estará centrado en dar a coñecer a base, as diferentes pantallas do administrador e como funcionan os elementos esenciais que fan posible construír contidos con facilidade.

Como funciona este Curso?
O deseño do curso é moi sinxelo a través de prácticas guiadas, require que previamente solicites a matrícula no seguinte enlace: https://cemit.xunta.gal/actividade/36097

O curso contará con 8 prazas por vídeo conferencia. Nos caso de non dispoñer de posibilidade de conexión por vídeo conferencia pódese solicitar realizar o curso de xeito presencial a través do correo educaoroso@oroso.gal

Solicita a túa matricula: https://cemit.xunta.gal/actividade/36097