subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Deseño gráfico con Inkscape na aula CeMIT EducaOroso


orosoEntre o 22 e o 25 de novembro de 2021 terá lugar o curso “Deseño gráfico con Inkscape”, na Aula de formación EducaOroso.

Con Inkscape poderás crear e editar diagramas, liñas, gráficos, logotipos e ilustracións complexas. Con esta aplicación poderemos obter creacións coas que transmitir información gráfica de forma máis dinámica, viva e imaxinativa.

A través deste curso preténdese facer comprender aos asistentes as posibilidades que se ofrecen no mundo do deseño gráfico, sobre todo no referente aos posibles enfoques profesionais dotando dun coñecemento básico das ferramentas que están a súa disposición.

Qué é Inkscape?

Inkscape é un editor libre de gráficos vectoriais con características profesionais e multiplataforma (dispoñible para GNU/Linux, Windows e Mac OS). Os gráficos vectoriais son imaxes que están definidas mediante figuras xeométricas descritas por funcións matemáticas, polo que nos permiten redimensionar as imaxes sen perder calidade.

O formato principal que utiliza o programa é Scalable Vector Graphics (SVG), pero desde a ferramenta podemos exportar e importar varios formatos de arquivo, incluíndo SVG, AI, EPS, PDF, PS e PNG.

Ten funcionalidades moi fáciles de comprender, unha interface sinxela, soporte para varios idiomas, está deseñado para ser extensible, ademais, os usuarios poden personalizar as funcionalidades de Inkscape coas súas múltiples extensións.

Inkscape ten as ferramentas típicas dun programa de debuxo, así como o a posibilidade de traballar con capas. As últimas versións inclúen unha interface de usuario actualizada, presenta unha mellor compatibilidade con pantallas 4K/HiDPI e agora ten compatibilidade con temas.

Solicita a túa praza no seguinte enlace https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/37236 ou ponte en contacto coa aula na Rúa do Deporte, nº 7 – Sigüeiro (Oroso), correo: educaoroso@oroso.gal, telf.: 981973927.