subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Reunión do Concello de Oroso co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar


orosoO alcalde do Concello de Oroso, Luis Rey Villaverde, e a concelleira de Benestar Social, Isabel Fernández, mantiveron hoxe en Santiago unha reunión co xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, Perfecto Rodríguez.

No encontro, trasladáronlle a demanda de que a Xunta inclúa ao Concello de Oroso entre a rede de municipios nos que a Xunta construirá unha residencia de maiores ou un centro de día.

Ademais, solicitaron tamén a Perfecto Rodríguez que o goberno galego incremente as horas do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) destinadas a atender a persoas dependentes.

“Hai familias no concello en lista de espera para atender a algún dependente, polo que demandamos á Xunta un maior número de horas dun servizo esencial”, explica Isabel Fernández.

Pola súa parte, o alcalde de Oroso agradeceu “a receptividade e a cordialidade da reunión”, pero advertiu “das competecencias impropias que asumimos como concello na atención aos maiores e dependentes”.