subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Programa de Apoio Escolar do Concello de Oroso


orosoDende a concellería de Servizos Sociais do Concello de Oroso, en colaboración cos centros de ensino CEIP Camiño Inglés e CEIP Sigüeiro, ponse en marcha o Programa de Apoio Escolar co obxectivo fundamental de favorecer a igualdade de oportunidades proporcionando ao alumnado que o precise o apoio necesario para previr o fracaso escolar, reforzando as aprendizaxes desenvolvidas nas aulas, e promocionando hábitos e actitudes positivas cara o estudo.

OBXECTIVOS:

• Favorecer a igualdade de oportunidades proporcionando o apoio para a adquisición de habilidades que favorezan o rendemento escolar do alumnado
• Previr o fracaso escolar
• Promover hábitos e técnicas de estudo reforzando as aprendizaxes que se levan a cabo na escola
• Apoiar ás familiar na educación dos seus fillos e fillas fóra do horario escolar
• Implicar ás familias na educación do alumnado, nos procesos de ensinanza e aprendizaxe
• Promover o intercambio e a integración social e cultural

ALUMNADO DESTINATARIO:

Alumnado de primaria, derivado polos equipos de orientación dos centros

TEMPORALIZACIÓN:

O programa terá lugar durante o curso escolar

Desenvolverase nos espazos propios dos centros educativos, 1 día á semana, cunha duración de hora e media. Os luns no CEIP Camiño Inglés e os martes no CEIP Sigüeiro

LABOR DO VOLUNTARIADO:

As sesións de apoio educativo serán desenvolvidas por persoas voluntarias pertencentes ao Programa de voluntariado do Concello de Oroso

COORDINACIÓN DO PROGRAMA E ACOMPAÑAMENTO SOCIOEDUCATIVO ÁS FAMILIAS:

A Educadora Social do Concello será a persoa responsable de coordinar o programa e por tanto da coordinación cos centros educativos.

O programa inclúe o acompañamento socioeducativo ás familias do alumnado. Este acompañamento será realizado pola Educadora Social do Concello dentro do Servizo de Educación e Apoio Familiar.