subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

A terceira edición do festival Psicotroita reunirá este venres en Sigüeiro a Familia Caamagno, Malandrómeda, Oh! Ayatollah e Esposa.


 

O Concello de Oroso, en colaboración coa Deputación da Coruña, Deleite Galego e Manuele Tremendo Caamagno, organiza a terceira edición do festival Psicotroita, que terá lugar este venres 7 de xullo, ás 22:00 horas, na alameda de Góis de Sigüeiro. Actuarán os grupos Familia Caamagno, Malandrómeda, Oh! Ayatollah e Esposa. Tamén haberá batalla de vinilos entre as DJs Fragabuki e Wanda Buluba. A entrada é libre e de balde.