charla Cincuenta veciños e veciñas do entorno de Sigüeiro participaron na noite de onte mércores na posta en marcha dun proxecto piloto de recollida selectiva porta a porta e de compostaxe doméstica, que se desenvolverá en Oroso durante os vindeiros seis meses. Un programa engadido que se levou a cabo o ano pasado en localidades coma Ordes ou Carballo pero que en Oroso vai ter unha novidade: a recollida selectiva semanal e porta a porta duns colectores amarelos nos que os veciños e veciñas de Sigüeiro depositarán as latas, plásticos e tetrabriks para a súa reciclaxe." /> charla Cincuenta veciños e veciñas do entorno de Sigüeiro participaron na noite de onte mércores na posta en marcha dun proxecto piloto de recollida selectiva porta a porta e de compostaxe doméstica, que se desenvolverá en Oroso durante os vindeiros seis meses. Un programa engadido que se levou a cabo o ano pasado en localidades coma Ordes ou Carballo pero que en Oroso vai ter unha novidade: a recollida selectiva semanal e porta a porta duns colectores amarelos nos que os veciños e veciñas de Sigüeiro depositarán as latas, plásticos e tetrabriks para a súa reciclaxe." /> charla Cincuenta veciños e veciñas do entorno de Sigüeiro participaron na noite de onte mércores na posta en marcha dun proxecto piloto de recollida selectiva porta a porta e de compostaxe doméstica, que se desenvolverá en Oroso durante os vindeiros seis meses. Un programa engadido que se levou a cabo o ano pasado en localidades coma Ordes ou Carballo pero que en Oroso vai ter unha novidade: a recollida selectiva semanal e porta a porta duns colectores amarelos nos que os veciños e veciñas de Sigüeiro depositarán as latas, plásticos e tetrabriks para a súa reciclaxe." /> Concello de Oroso - Medio cento de veciños de oroso participan nun programa pioneiro de recollida selectiva porta a porta e de compostaxe doméstica.
subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Medio cento de veciños de oroso participan nun programa pioneiro de recollida selectiva porta a porta e de compostaxe doméstica.


Técnicos de ADEGA explicáronlles aos veciños o manexo dos colectores, que lles serán entregados a vindeira semán nas súas casas.

charla Cincuenta veciños e veciñas do entorno de Sigüeiro participaron na noite de onte mércores na posta en marcha dun proxecto piloto de recollida selectiva porta a porta e de compostaxe doméstica, que se desenvolverá en Oroso durante os vindeiros seis meses. Un programa engadido que se levou a cabo o ano pasado en localidades coma Ordes ou Carballo pero que en Oroso vai ter unha novidade: a recollida selectiva semanal e porta a porta duns colectores amarelos nos que os veciños e veciñas de Sigüeiro depositarán as latas, plásticos e tetrabriks para a súa reciclaxe.

Oroso será o primeiro concello de Galicia no que se aplique esta recollida selectiva porta a porta, despois do éxito do proxecto piloto desenvolto en Boimorto. Así, cincuenta veciños e veciñas que participan nesta iniciativa comezarán a recibir durante a vindeira semana nas súas casas dous contedores: un verde para a compostaxe doméstica e outro amarelo para a recollida selectiva e que se lles irá a buscar cada semana ás súas propias casas. De feito, para facilitar a operatividade desta recollida, os organizadores do programa elixiron como usuarios deste servizo a veciños dunha zona semiurbana de Sigüeiro, compostas na súa maioría por casas con pequenas hortas e sen animais.

Preguntas dos veciños

A coordinadora de programas de compostaxe caseira de ADEGA, Desiree González, foi a encargada de explicar durante aproximadamente hora e media os obxectivos deste programa, que permitirá que os veciños do entorno de Sigüeiro poidan elaborar compost, un abono natural con excelentes propiedades para o chan e que substitúe aos fertilizantes químicos. Entre outras cousas, os veciños preguntaron sobre o tipo de lixo podían botar ou non nos composteiro, tamén se interesaron polas dimensións dos recipientes de recollida (xa que os vían moi pequenos) e sobre como se organizaría esa recollida porta a porta.

Durante a xornada falouse tamén do aforro de custes de recollida, xestión e tratamento dos residuos orgánicos que se depositaban no contedor xenérico e que agora van ser tratados polos veciños para facer compost. Un aforro cifrado en 50 euros por tonelada.

Este programa será levado a cabo durante os vindeiros seis meses polo Concello de Oroso, a asociación ecoloxista ADEGA, SOGAMA, a Universidade de Santiago de Compostela e a Deputación da Coruña. Durante a vindeira semán comezarán a distribuirse os composteiros e os colectores amarelos, momento no que responsables de Adega visitarán cada unha das casas participantes no programa para amosar dun xeito práctico como se elabora o compost e como funciona o servizo de recollida selectiva de plásticos, latas e briks.

Tres meses despois, estes mesmos técnicos volverán visitar os fogares participantes a fin de avaliar o proceso levado a cabo e, de ser o caso, corrixir os posibles erros que se teñan cometido. En todo caso, os veciños recibirán atención permanente a través dun teléfono e dun e-mail de contacto no que poderán as dúbidas que lles xurdan en calquer momento. A finalización do programa, prevista para a primeira quincena de novembro, acompañarase dunha avaliación final do conxunto das actuacións na que figurarán os informes correspondentes ao desenvolvemento do programa en Sigüeiro, así coma os resultados das enquisas facilitadas aos participantes, que medirán, entre outros parámetros, o grado de satisfacción, obxectivos, implicación, proposta de melloras, etc.