areas recreativas O Concello de Oroso está a acometer tarefas de limpeza e acondicionamento nas distintas áreas recreativas do municipio. “O noso obxectivo é ter rematadas todas as áreas recreativas e lugares de esparcemento das distintas parroquias do municipio na primeira quincena de maio”, apunta o concelleiro de Limpeza Viaria, Parques e Xardíns, Xosé Castro." /> areas recreativas O Concello de Oroso está a acometer tarefas de limpeza e acondicionamento nas distintas áreas recreativas do municipio. “O noso obxectivo é ter rematadas todas as áreas recreativas e lugares de esparcemento das distintas parroquias do municipio na primeira quincena de maio”, apunta o concelleiro de Limpeza Viaria, Parques e Xardíns, Xosé Castro." /> areas recreativas O Concello de Oroso está a acometer tarefas de limpeza e acondicionamento nas distintas áreas recreativas do municipio. “O noso obxectivo é ter rematadas todas as áreas recreativas e lugares de esparcemento das distintas parroquias do municipio na primeira quincena de maio”, apunta o concelleiro de Limpeza Viaria, Parques e Xardíns, Xosé Castro." /> Concello de Oroso - O Concello de Oroso rematará na primeira quincena de maio o acondicionamento e limpeza de todas as áreas recreativas do municipio.
subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso rematará na primeira quincena de maio o acondicionamento e limpeza de todas as áreas recreativas do municipio.


O equipo de limpeza do Concello de Oroso acaba de rematar esta semana o acondicionamento da área recreativa de Os Ánxeles e acometerá nos próximos días a de Arderís.

areas recreativas O Concello de Oroso está a acometer tarefas de limpeza e acondicionamento nas distintas áreas recreativas do municipio. “O noso obxectivo é ter rematadas todas as áreas recreativas e lugares de esparcemento das distintas parroquias do municipio na primeira quincena de maio”, apunta o concelleiro de Limpeza Viaria, Parques e Xardíns, Xosé Castro.

Durante esta semana, catro operarios da cuadrilla municipal de conservación remataron o acondicionamento da área recreativa de Os Ánxeles, onde realizaron traballos de desbroce, limpeza e arranxo dos distintos desperfectos acontecidos durante a tempada de inverno. Deste xeito, o Concello de Oroso xa ten listas para o disfrute dos seus veciños e visitantes as áreas recreativas de Os Ánxeles, o Refugio e Penateixa (Gándara), así como o entorno do campo de fútbol de Vilarromarís.

Próximas actuacións

Nas vindeiras semanas, os operarios municipais desprazaranse ata a área recreativa de Arderís (en Senra), onde terán que retirar unha árbore caída sobre o río Samo e onde se instalará unha nova barandilla de madeira, que substituirá á actual que sufríu varios desperfectos debidos aos últimos temporais. Posteriormente, os operarios municipais acometerán o acondicionamento das áreas recreativas de Calvente, da Grabanxa e de Marzoa, e tamén arranxarán o entorno dos campos da festa e dos locais sociais de Cardama e San Román de Pasarelos, moi utilizados polos veciños destas localidades cando chega o bo tempo.

Xosé Castro explica que “estas tarefas se realizan sempre coa chegada do bo tempo xa que sería unha perda de tempo e de recursos estar a traballar durante o inverno, xa que o que limpas nunha xornada volve estar igual ao día seguinte por mor dun temporal e, ademais, con ese mal tempo a xente non vai a estas áreas recreativas”. Unha vez rematadas estas tarefas de recuperación, o Concello de Oroso encargarase tamén da perfecta conservación destas áreas recreativas, para que os veciños e os turistas que visiten o municipio as atopen no mellor estado posible para o seu disfrute.