dia da arbore Un total de 75 meniños e meniñas da escola infantil municipal de “A Ulloa” (Sigüeiro) e da escola infantil “Cativos” (de Santiago), de entre 0 e 3 anos de idade, participaron esta mañán nunha prantación de árbores realizada nunha parcela cercana aos terreos onde se construirá o futuro camposanto de Marzoa. Unha iniciativa organizada pola escola infantil municipal “A Ulloa” e que contou coa colaboración do Concello de Oroso, que cedeu a parcela onde se prantaron as árbores (no antigo campo de fútbol de Marzoa), aportou a auga para a ocasión e deixou todo preparado para a actividade." /> dia da arbore Un total de 75 meniños e meniñas da escola infantil municipal de “A Ulloa” (Sigüeiro) e da escola infantil “Cativos” (de Santiago), de entre 0 e 3 anos de idade, participaron esta mañán nunha prantación de árbores realizada nunha parcela cercana aos terreos onde se construirá o futuro camposanto de Marzoa. Unha iniciativa organizada pola escola infantil municipal “A Ulloa” e que contou coa colaboración do Concello de Oroso, que cedeu a parcela onde se prantaron as árbores (no antigo campo de fútbol de Marzoa), aportou a auga para a ocasión e deixou todo preparado para a actividade." /> dia da arbore Un total de 75 meniños e meniñas da escola infantil municipal de “A Ulloa” (Sigüeiro) e da escola infantil “Cativos” (de Santiago), de entre 0 e 3 anos de idade, participaron esta mañán nunha prantación de árbores realizada nunha parcela cercana aos terreos onde se construirá o futuro camposanto de Marzoa. Unha iniciativa organizada pola escola infantil municipal “A Ulloa” e que contou coa colaboración do Concello de Oroso, que cedeu a parcela onde se prantaron as árbores (no antigo campo de fútbol de Marzoa), aportou a auga para a ocasión e deixou todo preparado para a actividade." /> Concello de Oroso - Un total de 75 meniños prantaron a súa árbore a carón do futuro camposanto de Marzoa.
subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Un total de 75 meniños prantaron a súa árbore a carón do futuro camposanto de Marzoa.


Os pequenos prantaron carballos, acivros, ameneiros e bidueiros cos seus respectivos nomes nunha parcela cedida polo Concello de Oroso.

dia da arbore Un total de 75 meniños e meniñas da escola infantil municipal de “A Ulloa” (Sigüeiro) e da escola infantil “Cativos” (de Santiago), de entre 0 e 3 anos de idade, participaron esta mañán nunha prantación de árbores realizada nunha parcela cercana aos terreos onde se construirá o futuro camposanto de Marzoa. Unha iniciativa organizada pola escola infantil municipal “A Ulloa” e que contou coa colaboración do Concello de Oroso, que cedeu a parcela onde se prantaron as árbores (no antigo campo de fútbol de Marzoa), aportou a auga para a ocasión e deixou todo preparado para a actividade.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, e o concelleiro de Parques e Xardíns, Xosé Castro, foron os encargados de repartiren as árbores entre os pequenos, dándolles tamén unha etiqueta en forma de folla onde viña o nome do cativo e a parcela na que prantar a súa árbore. Deste xeito, os pequenos que o desexen poderán visitar cadansúa árbore, xa que levaron para as súas casas un pequeno mapa coa situación exacta da súa árbore.

Mirás Franqueira destacou a importancia deste tipo de actividades para fomentar o respecto ao medio ambiente non só entre os máis pequenos, senón tamén entre os seus familiares, que participaron tamén de xeito activo nesta iniciativa xunto aos seus fillos. Así mesmo, Manuel Mirás salientou o feito de que “estas novas árbores que prantamos hoxe servirán para acondicionar o entorno do que será o futuro camposanto municipal de Marzoa”, unha instalacion pola que levan agardando moitos anos os veciños e que por fin será unha realidade.

Chaparrón inoportuno

Os rapaces prantaron 75 árbores autóctonas cedidas para a ocasión pola Consellería do Medio Rural. Entre elas había exemplares de carballos, bidueiros, ameneiros e acivros. Despois de algo máis de media hora de duro traballo, compartido cos seus pais e nais, cada pequeno prantou a súa árbore. Así mesmo, deixáronse os buratos feitos e entregáronse ás árbores para que unha vintena de rapaces e rapazas da parroquia de Marzoa poidan tamén participar nesta iniciativa e prantar a súa árbore cando o desexen.

Cando os rapaces empezaban a regar as súas árbores, un forte chaparrón fíxoo por eles e obrigou mesmo a suspender a tradicional foto de familia, debido á intensidade da choiva. Ante esta situación, a merenda e o reparto de regalos, cedidos por Sogama, entre os pequenos tivo que realizarse no local social de Marzoa.

A parcela cedida polo Concello de Oroso xa tiña o burato preparado e estaba identificada co número de cada rapaz, que metía a árbore no burato e a enchía de terra cunhas palas proporcionadas pola gardería.