XXIV Festa da Troita.
Estimados veciños e veciñas:
Coa seguridade de que permanecerá durante moito tempo na lembranza de todos os nosos veciños e veciñas, Oroso celebrará do 6 ao 8 de maio a XXIV Festa da Troita, unha edición moi esperada despois de dous anos de pandemia de coronavirus.
Neste 2022 recuperamos a programación habitual, que xira arredor do manxar dos nosos ríos e inclúe as mellores orquestras, campionatos de pesca Infantil e Senior, obradoiros, feira de artesanía e pasarrúas.
A festa comezará o venres 6 pola noite co festival Oroso en Vivo, e como non podía ser doutra maneira haberá tamén a tradicional degustación de troita na Alameda de Góis e nos establecementos de hostalaría colaboradores.
A nosa gran cita para a gastronomía e a diversión é como todos sabedes Festa de Interese Turístico, pero os que nos visitan atopan moitas cousas máis. Oroso é natureza, gastronomía e hospitalidade, sempre é un bo momento para saborear unhas troitas e pasear polos sendeiros naturais do noso municipio.
Quero agradecer a vosa axuda, polo agarimo co que tratades a todos os que sempre nos visitan nestas datas para pasar unhas horas nun lugar amigo e acolledor, algo que non sería posible sen a colaboración veciñal.
Grazas a este esforzo colectivo puxemos a Festa da Troita de Oroso no mapa, cun evento gastronómico e festivo que é unha referencia en Galicia, Castela-León e Portugal.
Co desexo de que desfrutedes moito da festa, moitas grazas e viva a troita!
Programa da Festa
- 22:30 horas: FESTIVAL OROSO EN VIVO
- Orquestra Panorama
- Orquestra Marbella
Lugar: Alameda de Góis
- 09:00 horas: Campionato de pesca Adultos/as
- 11:00 horas: Inauguración Feira de Artesanía".
Lugar: Praza do Concello - 11:30 horas: Obradoiros infantís
Lugar: Praza de Isaac Díaz Pardo - 19:30 horas: Asoc. Folklórica Lembranzas do Tambre e Buxos Verdes.
Lugar: Alameda de Góis - 22:30 horas: FESTIVAL OROSO EN VIVO.
- Orquestra Olympus
- Orquestra Miramar
Lugar: Alameda de Góis
- 09:30 horas: Campionato de Pesca Infantil.
- 12:00 horas: Pasacalles.
- Charangas Os Atrevidos e Os Celtas/font> - 13:30 horas: Pregón Popular
Entrega de premios e trofeos do Campionato de Pesca.
Degustación de Troitas
Lugar: Alameda de Góis. - 14:15 horas: Sesión Vermú:
- Orquestra Costa Dorada
Lugar: Alameda de Góis. - 19:30 horas: Verbena:
- LEILÍA
- Orquestra Costa Dorada
Lugar: Alameda de Góis.
Relación de bares participantes na degustación de troitas.
BAR FALMEGA | BAR FERNÁNDEZ | CAFE BAR 1X2 | PARRILLADA OROSO |
MESÓN OS MADEIROS | PARRILLADA O CACHOPAL | REST. A CANTINA | RESTAURANTE SEOANE |
VINOTECA RAQUEL | VIUDA DE NOUCHE | BAR CORTÉS | BAR O CAMPO |
BAR TAPAS/td> | PULPERIA MESON AS RIAS | CAFE BAR EBANO | CAFETERIA CHE |
CAFETERIA D'VILA | TAMBRE GOLF | CERVECERIA 1900 | MESÓN TAMBRE |
O CAFÉ DE MANUELA | ANBORE COFFEE-BAR |
Colaboran:
XXV Concurso de Pesca.
PROGRAMA:
- 08:00 horas: Concentración dos participantes no Rest. LAR BLANCO (fronte ao cruce Porto Avieira), entrega de documentación.
- 09:00 horas: Inicio da primeira manga
- 11:00 horas: Finaliza a primeira fase. Cambio de pescador e control
- 11:30 horas: Inicio da segunda fase
- 13:30 horas: Fin da primeira manga
- 14:00 horas: Concentración, entrega de plicas e xantar Rest. LAR BLANCO
- 16:00 horas: Inicio da segunda manga
- 18:00 horas: Finaliza a primeira fase. Cambio de pescador e control
- 18:30 horas: Inicio da segunda fase
- 20:30 horas: Fin da competición e entrega de plicas
- DOMINGO 14: Entrega de trofeos despois do pregón no palco da festa ás 13:30 horas
Documentación que se debe entregar:
Bases do Concurso
Datas e prazos
|
Descarga de documentos Datas CONCURSO INFANTIL Información e inscrición |